AXUDANOS A AXUDAR

Á beira dos miúdos é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin acompañar e axudar ás familias de Bergantiños, na lactancia materna, na crianza e na educación, creando rede, formando e informando. O feito de que a xunta estea formada na actualidade por 3 nais complica un pouquiño as tarefas, xa que como todos sabemos compaxinar a familia o traballo e complicado e se engadimos ademáis a vontade de axudar faltanos tempo e mans!

E por iso que solicitamos da vosa axuda dende varias maneiras, seguro que atopades unha que cadra perfectamente con vós:

 .- Doazóns Precisamos axuda económica para a realización de folletos e carteles das actividades, para o pago aos profesionais e para mercar material de lactancia e de porteo que dende a asociación queremos prestar ás familias. Se vos sentides agradecidos ou queredes colaborar na axuda que dende a asociación prestamos as familias de Bergantiños Podedes ingresar unha doazón da cantidade que queirades á seguinte conta bancaria.

0133 6235 55 4200000731

.- Precisamos persoas dispostas a formar parte da organización,  nais, pais, profesionais con ganas de promover a lactancia materna, a crianza baixo a crenza de que a maneira de criar aos miúdos terá repercusións na adolescencia e na edade adulta e que é necesario que sintan que son respetados para aprender a respetar, A crenza da educación baixo a perspectiva holística e non só conductual a sabiendas que a educación emocional dos cativos é básica para crear persoas felices, seguras de si mesmas, con empatía e con capacidade social, intelectual e emocional.

.- Precisamos persoas con ideas para crear, e levar a cabo obradoiros que teñan cabida nos principios da asociación, obradoiros en familia, masaxes aos cativos, meditación, cociña, ou calquera idea que poidades ter.

.- Precisamos material de lactancia sobretodo sacaleites. De porteo (fulares, bandoleras, mochilas), e libros de crianza ou educación. Se tendes a xa non lle dades uso,  podemolo  deixar ás familias que o necesiten. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario