ASOCIACIÓN

Contacto.
e-mail: abeiradosmiudos@gmail.com
telf. 639722150 (Africa); 679839801 (Carmen) 615021810 (Maite)
Facebook. A beira dos miúdos.

Constitúese a asociación Á Beira dos Miúdos na comarca de Bergantiños co obxetivo de acompañar na maternidade, na crianza e na educación dos cativos.Sempre baixo o marco da crianza con apego, da educación respetuosa, e da maternidade conscente, como as bases do acompañamento aos miúdos e miúdas no seu desenvolvemento integral.


QUÉN SOMOS?

De momento somos 3 mamás a mailas súas familias que nos atopamos coa necesidade de normalizar, visibilizar e acompañar a outras familias nesta forma de crianza baseada nas necesidades xenuínas dos miúdos e nas ideas de que o futuro da nosa sociedade pode cambiar se cambia a forma de criar. Estamos totalmente convencidas que unha crianza con apego, con amor e respeto, a lactación materna, a concienciación do papel como nais e a educación, xera persoas con empatía, con seguridade en si mesmos, con autoconfianza, con capacidade de colaboración, solidaridade, e de defender as súas posturas e respetar as dos outros. Tendo isto, un valor social, emocional, e preventivo moi grande. 

Máis, non nos baseamos só nas nosas experiencias como nais. Acompañámonos dos estudos, e de  profesionais da psicoloxía, pediatría, e pedagoxía, dispostos a colaborar coa a asociación. E entre estes nos mesmas.



Àfrica Albertí, nai de dous nenos marabillosos e dos que aprendo tódolos días. Ademáis, son psicologa coas especialidades en psicoloxía da educación, e psicoloxía do deporte; terapeuta Gestalt, asesora familiar (SAT Educa de Claudio Naranjo), facilitadora en comunicación respetuosa por com1nica't e asesora de lactancia grazas a Teta e coliño. 

Na miña experienza destaco o traballo como orientadora educativa en CEIPS y IES  onde decateime por primeira vez da necesidade profunda de atención respetuosa que sofren os cativos e adolescentes, a docencia en cursos e talleres de intelixencia emocional, de comunicación a familias e educadores e o acompañamento en grupos de crecemento persoal, a docencia en prevención das adiccións dende Vieiro (Carballo) e os procesos de terapia gestalt a nais. 



Carmen Maria Garcia Choucinho.
Hola
Para os que quixesen saber algo de min, son nai de dous nenos, un de 4 anos e outro de 15 meses. Diplomeime en educación social e rematei a licenciatura en psicopedagoxia. Traballo dende hai casi trece anos, de maneira continuada de cara ao público, nunha profesión bastante  similar a  de auxiliar administrativo.

Formeime como asesora de lactancia este 2013.
Formo parte deste proxecto, a asociación á beira dos miudos:
Porque os meus fillos fan que medre diariamente o desexo de aprender e de compartir experiencias dun modelo de maternidade/crianza con apego,  respetuosa cos tempos dos nenos, evolutiva según as necesidades que vaian xurdindo nas relacións/díadas nai-fillos e irmáns entre si.

Non hai máis que deterse un pouco na relación que temos cos nosos fillos e non tardaremos en decatarnos que para ben ou para mal, son espellos bastante fieis do que foron as nosas relacións cos nosos pais. O desexo de cambio puido comenzar así.

Porque estou a favor da normalización e xeralización da lactancia materna. Apoiando e axudando as mamás que o soliciten, no extraordinario camiño de dar o peito a demanda, dende a experiencia, pois ao meu fillo maior deille peito ata os 2 anos e 4 meses, e co pequeno aínda sigo, e dende os coñecementos adquiridos coa formación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario