jueves, 4 de abril de 2013

COMEZAMOS O GRUPO DE POSPARTO EN CARBALLO

O luns dia 8 de abril empeza o grupo de encontro para nais e bebes durante a baixa de maternidade.

Vai ser un grupo onde atoparnos e compartir as dificultades, as dubidas e as alegrias. Un grupo onde poder consultar, preguntar, explicar, axudar, informar e ser informado do que cada unha ou un necesite neste mometo tan "grande" que é a maternidade e paternidade.

Ímonos atopar OS LUNS ÁS 10H30 NO AMBULATORIO DE CARBALLO, e vai ter a duración que os bebes e as mamás precisen.

Para estar máis comodos, aconsellamos traer algunha mantita ou almofada para nós e para os bebés. E máis todo aquilo que cada familia necesite para a súa comodidade.

Ata o luns!!!!!!!!!!! Vos esperamos con moita ilusión!!


1 comentario:

  1. Ola,

    Tras asistir hoxe, por vez primeira, a un destes encontros animo a todas as nais e pais a que participen. Dicirvos que, na hora e media que durou a xuntanza, aprendín moito das vosas experiencias. Moitas grazas por compartir desinteresadamente parte da vosa apretada axenda con nós!

    Unha aperta e NORABOA pola iniciativa :)

    ResponderEliminar