domingo, 26 de enero de 2014

O SONO DOS BEBÉS

Xustamente estes últimos dias chegaronnos algunhas consultas sobre o sono dos cativos, asi que vos deixamos esta interesante entrevista.

Somos perfectamente conscentes do duro que é non durmir toda a noite seguida, e das nosas necesidades de sono e cansancio sobretodo para as nais traballadoras. Somos conscentes que os primieros meses entre a baixa de maternidade e a aceptación de que é normal que os peques non durman 10 horas seguidas, levase máis ou menos ben. Mais, que pasa cando empezamos a traballar? cando chegan ese 6-8 ou 10 meses e o entorno di "se non o sacas agora da habitación despois vais ser moito peor", "non durme seguido? pois o meu si" !anda ya!!! o normal, saudable e instintivo é que nos seu ciclos de sono, desperten cada certo tempo, alguns so entran en vixilia mais volven a durmir (enton este son os que parece que durman toda a noite) outros cando pasan pola vixilia, despertan e demandan compañía, auga, teta o contacto. Pero practicamente todos teñen esta sana secuencia de ciclos de sono. Por este motivo dende a asociación recomendamos ademais de moita paciencia, recolocar a loxistica da casa para facilitar o sono de todos e entre estas cousas está ter o peque moi pertiño e asi podelo calmar sen chegar a levantarnos e delvelarnos de todo.
Algunhas familias (demasiadas no noso pais) utilizan un método no que sen respeto ningún ás necesidades xenuinas do fill@ se pretende "ensinar a durmir" . Ademais de que é un método non apto a miúdos tan pequenos e menos ainda a nen@s sen trastornos do sono (ou sexa case todos), ten consecuencias moi negativas ao desenvolvemento emocional, psicoloxico e físico do miúdo. E do que nunca se fala, ten consecuencias moi negativas no campo emocional e psicoloxico da nai que superan o cansancio de noites sen durmir.
Esperamos vos guste!

 


"Los niños no aprender a dormir, no hagan llorar a sus hijos"

No hay comentarios:

Publicar un comentario