viernes, 7 de febrero de 2014

EN RELACIÓN AO PARTO (Maniobra de Kristeller)

Nos grupos de pre-parto falamos do plan de parto, como unha boa opción onde informar do que estamos dispostos a permitir e do que non. É obvio que matron@s e xinecolog@s teñen os coñecementos necesarios para solucionar problemas se os hai, mais as veces entran en xogo outras variables que non sempre se teñen en conta.
Por exemplo, hai nais que prefiren ter "unha hora curta de parto"" non sentir nada e como menos doa mellor", neste caso deixamos que os profesionais decidan por nós, facilitando todo tipo de intervencións, oxcitocina sintetica, tactos continuados, monitores, epidural, luces, ordes, maniobra de kristeller, posición estirada, forceps, ventosa, etc...
Mais!, ¿que pasa coas nais que queren sentir o seu parto, responsabilizarse del, sentir que son capaces de parir e non queren nada de nada máis que un acompañamento? e ¿que pasa con profesionais que desexarían non intervir, e acompañar ás mulleres no seu parto, no seu empoderamento, con respeto e so intervir no caso de ser "vitalmente" necesario?. Pois, existe o plan de parto e entre as cousiñas que podemos engadir é negarnos a que nos fagan a maniobra de kristeller (se non é vitalmente necesario) e se nos ofrezca outras posibilidades para axudar no expulsivo.

Maniobra de Kristeller

No hay comentarios:

Publicar un comentario