jueves, 2 de octubre de 2014

GRUPO DE CRIANZA

Arrancamos co grupo de crianza-escola de familias!! o 2º e 4º martes de mes, de outubro a xuño,  de 17h30 a 19h, no Pazo da cultura.

Finalmente tivemos a oportunidade, grazas ao Concello de Carballo (CIM), de poñer en marcha o grupo de familias con fillos de 4 meses a 6 anos. Aqui tendes o cartaz!!!









 Os que xa nos coñecedes sabíades que era unha das nosas ilusións poder levar a cabo unha escola de pais, nais, familias, dende a perspectiva e os principios da asociación. Principios que inclúen a participación dos miúdos nas actividades, unha metodoloxía de traballo baseada no acompañamento e respeto a cada familia, e o traballo dos temas que más nos preocupan nestas idades dende a importancia do emocional, e do desarrollo holístico e profundo do cativo.

A estructura está disposta para a asistencia conxunta da familia ao completo, os miúdos se queren poderán quedar coa educadora mentres os adultos traballamos o tema correspondente.

A metodoloxía basease nas propias experiencias como punto de arranque dos temas a traballar.

Os temas propios destas idades vanse traballar dende o marco da crianza con apego, da educación con respecto, da atención ao emocional e profundo dos miúdos. Todo o que é o acompañamento ao cativo  para que se convirta nunha persoa segura de si mesma, con confianza e autoestima.

 Esperamosvos con moita ilusión!!!! Lembrade que é preciso inscribirse!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario