martes, 10 de septiembre de 2013

CAMBIOS E PROXECTOS

Con moitos proxectos na cabeza empezamos este curso!!! e tamén algúns cambios:

O grupo de posparto pasa a ser o 2º e 4º luns de mes, no ambulatorio de Carballo entre as 10h30 e 12h30.

Precisabamos algo de tempo para xerar novas cousiñas así que decidimos facelo así. Con conciencia que as veces hai dificultades nos primeiros dias da maternidade e que 15 días poden ser moitos, lembrade que o teléfono da asociación está dispoñible 24h e o correo electrónico mirámolo tódolos dias. 


Estamos a preparar o grupo de crianza, e algúns obradoiros!!! en breve poñemolos en marcha!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario